Seleccionar página

O 30/08/2024 chegounos a resolución da concesión da axuda solicitada ao abeiro da Resolución do 22 de decembro de 2023 (DOG nº18, do 25 de xaneiro de 2024), para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI)

GUIPROGAL busca recuperar e validar o potencial agronómico e tecnolóxico das variedades tradicionais de chícharo a través da súa avaliación en climas controlados, permitindo unha selección segura de cultivares rexionais ben adaptados avaliados en diferentes sitios. Ao mesmo tempo, mellorarase o perfil de calidade e o seu potencial de transformación, desenvolvendo novas formulacións ricas en proteínas para alimentación humana e de gando bovino.

O grupo operativo está composto por un equipo multidisciplinar formado por Axiña Asesoramento Rural Integral S.C.G., Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, Misión Biolóxica de Galicia, Almacenes Gamallo S.L., Fundación Empresa Universidade Gallega (FEUGA) e, como colaboradores varios gandeiros e produtores.

Mais información: https://xn--axia-iqa.gal/archivos/320

Abrir chat
Necesitas axuda?
Ola! En que podemos axudarche?