Seleccionar página

Publicada a axuda a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, procedendo á súa convocatoria para o ano 2025
🐺a)Liña prevención danos lobo: para a adquisición e manutención de cans para a protección e defensa do gando, de pastores eléctricos e/ou de cerrumes de malla electrificada.
🐻b) Liña prevención danos oso: para a adquisición de pastores eléctricos.
🐗c) Liña prevención danos xabaril: para a adquisición de pastores eléctricos.

💵 contía máxima da axuda por explotación será de 600 €.

📆 Prazo: 11 de decembro ata o 10 de xaneiro.

Enlace axuda:DOG 237 do 10/12/2024 – ORDE do 26 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT809D).

Abrir chat
Necesitas axuda?
Ola! En que podemos axudarche?