Hoxe foron publicadas no Diario Oficial de Galicia as seguintes axudas:
AXUDAS a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos.
💵 contía máxima da axuda por explotación será de 2750 €. (contía segundo táboa adxunta)
📆 Prazo: 21 de decembro ata o 10 de novembro de 2025
• Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2024 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes a partir de mañá
• Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano
AXUDAS a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando.
💵 contía da axuda:
• A axuda por falecemento (táboas adxuntas) incrementarase nun 10 % no caso daquelas explotacións en que se comprobase a aplicación de medidas preventivas fronte aos ataques do lobo.
• No caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios producidos e acreditados co límite das contías previstas nas táboas anexas.
• Os gastos de eutanasia producidos e acreditados serán compensables en 75 €
📆 Prazo: 21 de decembro ata o 31 de outubro de 2025
• Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2024 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes a partir de mañá
• Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano