A actuación da entidade de aconsellamento e xestión realizouse a 42 explotacións agrícolas e gandeiras, a través da axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023 2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024. O servizo de asesoramento prestado foi na modalidade BÁSICA, BÁSICA CON CONTA CARNE e BÁSICA CON CADERNO DIXITAL.
No proceso de asesoramento incidiuse , segundo cada caso particular de cada explotación, en estos puntos:
- Todos os requisitos, condicións e compromisos de xestión que se apliquen aos agricultores e a outras persoas beneficiarias establecidos no Plan estratéxico da PAC, incluídos os requisitos e as normas en materia de condicionalidade e as condicións para as intervencións, así como a información sobre instrumentos financeiros e plans empresariais establecidos no marco do Plan estratéxico da PAC;
- Os requisitos establecidos polos Estados membros para efectos da aplicación da Directiva 92/43/CEE, a Directiva 2000/60/CE, o artigo 55 do Regulamento (CE) nº 1107/2009 do Parlamento Europeo e do Consello; a Directiva 2008/50/CE do Parlamento Europeo e do Consello; a Directiva 2009/128/CE, a Directiva 2009/147/CE, o Regulamento (UE) nº 2016/429 do Parlamento Europeo e do Consello; o Regulamento (UE) nº 2016/2031 do Parlamento Europeo e do Consello, e a Directiva (UE) 2016/2284 do Parlamento Europeo e do Consello;
- A xestión e prevención de riscos;
- As tecnoloxías dixitais do sector da agricultura e das zon as rurais;
- As condicións de traballo, as obrigas dos empregadores, a saúde e a seguridade no traballo e o apoio social nas comunidades agrícolas.
- Actualización da información da súa explotación contida na plataforma XEAGA , realizarase a todas as explotacións as cales se lles prestou o servizo de asesoramento.