Seleccionar página

O vindeiro 28 de maio, o Grupo Operativo GUIPROGAL participará na xornada de innovación “Horizonte Agro 2026”, organizada polo Centro Tecnolóxico da Carne en coordinación con Feuga, que terá lugar no Centro Tecnolóxico da Carne en Ourense.

A intervención do grupo servirá para facer balance de dous anos de investigación centrada na recuperación de variedades autóctonas de chícharo e o seu impacto na sostibilidade alimentaria de Galicia. Finalmente, os asistentes poderán participar dunha degustación de produtos innovadores, onde un dos protagonistas será o hummus de Chícharo da Cova.

Un evento clave para descubrir como a I+D está a transformar as nosas materias primas en produtos de alto valor engadido.

Inscríbete: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfnYgAN8n4A1VJ4JYNJnK1-enjnpTDUr-zqFCuHugRAwBichQ/viewform