Seleccionar página

O Centro Tecnolóxico da Carne acolleu onte, día 28 de maio, a xornada «Horizonte Agro 2026: Innovación no territorio», na que se presentaron os proxectos de cinco grupos operativos clave, cofinanciados por fondos Feader, e centrados na innovación agroalimentaria galega. Os proxectos destacados foron os seguintes:

  • G.O. GOTRISA EUROPA: Desenvolvemento de produtos innovadores a base de trigo sarraceno ecolóxico.
  • G.O. SUEROVAL: Revalorización do soro lácteo para a creación de novos ingredientes alimentarios.
  • G.O. BUEYLOÑESA: Valorización gastronómica de cortes secundarios de vacún maior para mellorar a rendibilidade.
  • G.O. GUIPROGAL: Recuperación e valorización de variedades autóctonas de chícharo proteaxinoso para a sustentabilidade alimentaria.
  • G.O. ECOPROVEG: Desenvolvemento de patés e láminas a partir de vexetais ecolóxicos.

O Grupo Operativo GUIPROGAL, expuxo as súas investigacións centradas na recuperación e valorización de variedades autóctonas de chícharo proteaxinoso. Iniciativa que busca fomentar a sustentabilidade alimentaria no territorio mediante os seguintes eixes principais:

  • Redución da dependencia externa de materias primas como a soia importada.
  • Fomento da produción local de proteína vexetal de alta calidade.
  • Abastecemento sostible tanto para a alimentación humana coma para a elaboración de pensos animais.
  • Adaptación climática ao validar cultivos de alta resiliencia ambiental.

O evento pechouse cunha cata-degustación onde se degustaron os produtos desenvolvidos.