Seleccionar página

A revista técnica Tierras Agricultura recolle nas súas páxinas os resultados acadados polo Grupo Operativo (GO) autonómico GUIPROGAL. A reportaxe profunda na identificación e validación de variedades tradicionais de chícharo proteaxinoso en Galicia, unha estratexia crucial para acadar unha produción proteica local moito máis resiliente.

Os resultados de GUIPROGAL poñen en valor que a recuperación do noso patrimonio de sementes autóctonas non é unha volta ao pasado, senón unha ventá de innovación cara a unha agricultura moderna, circular e forte fronte ás condicións climáticas.

https://drive.google.com/file/d/1ST86xjcZfCSvbAF-Tmpoj80pLVCEdb3n/view?usp=drive_link