Axiña Asesoramento Rural Integral
Axiña Asesoramento Rural Integral, entende o aconsellamento agrario como un sistema de acompañamento integral ao produtor agrario, gandeiro ou forestal que ten en conta non só un enfoque económico senón social, ambiental e/ou alimentario.
Somos un equipo con máis de 25 anos de experiencia
Un equipo de traballo no ámbito rural formado por enxeñeir@s no eido agrario así coma veterinario, complementado con colaboracións externas por profesionais de outras áreas ( forestal, económico legal…).
Un equipo con coñecementos técnicos e experiencia profesional que permiten guiar con éxito o proceso de asesoramento.
En que me pode axudar Axiña?
O noso traballo ten como obxectivo fundamental a mellora da rendibilidade técnico-económica das explotacións sempre cun estrito cumprimento das condicións agrícolas e ambientais obrigatorias e a normativa en seguridade laboral dos traballadores.
Para quen traballamos?
Os nosos servizos están destinados para agricultores, gandeiros, entidades locais e cooperativas, sociedades e entidades agrarias.
Tanto se aínda estás pensando en iniciar a actividade e precisas axuda para comezar, como se xa a tes en marcha, podemos axudarche a mellorar en calquera dos ámbitos aos que nos dedicamos.
Que facemos?
Ofrecemos servicios de xestión para desenvolver programas zootécnicos e agronómicos nas explotacións como os servizos de aconsellamento en aspectos normativos en diversos eidos.
Aquí abaixo detallamos todos os servizos que ofrecemos desde Axiña Asesoramento Rural.
Xestión de axudas e subvencións
Tramitación de PAC, Axudas de incorporación, plan de mellora e pequenas explotacións. Axudas prevención de fauna salvaxe e axudas para paliar danos polo xabaril. Devolución de impostos de hidrocarburos. Outras axudas.
Asesoramento técnico e xestión de explotacións
Somos entidade de Aconsellamento e xestión rexistrada no REXASEGA EAX-22-078.
Servizos técnicos de enxeñería agrícola e forestal
Xestión de cadernos de explotación (fitosanitarios, de pastoreo e de abonado). Inscricións en agricultura e gandería ecolóxica.
Os nosos traballos
Noticias
PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ASESORAMENTO A EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS OU GANDEIRAS
A actuación da entidade de aconsellamento e xestión realizouse a 42 explotacións agrícolas e gandeiras, a través da axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, no marco do...
Webinar de presentación do Grupo Operativo GUIPROGAL: “Variedades de chícharo adaptadas localmente para aumentar a resiliencia das condicións ambientais cambiantes, como fonte de proteína para pensos e alimentos”
Se vos interesa acédese mediante o seginte enlace https://events.teams.microsoft.com/event/a272ffb4-6d6c-49ac-88c1-42529b16ac49@017e0ce2-fadf-473d-b391-79b029c300fd
Colleita dos nosos chícharos
Sesións en liña
Se che gustaría recibir asesoramento sen ter que desprazarte, realizamos sesións en liña. Facendo click aquí podes axendar unha sesión con nós. Se tes algunha dúbida antes de reservar o día, ponte en contacto connosco no 670 27 85 07 ou en axinha.coop@gmail.com
Contacto
Horario oficina de 09:00 a 13:00 baixo cita previa.
Coworking a Capela, As Neves, 33 – 15613 A Capela (A Coruña)
670 27 85 07
axinha.coop@gmail.com














