Axiña Asesoramento Rural Integral
Axiña Asesoramento Rural Integral, entende o aconsellamento agrario como un sistema de acompañamento integral ao produtor agrario, gandeiro ou forestal que ten en conta non só un enfoque económico senón social, ambiental e/ou alimentario.
Somos un equipo con máis de 25 anos de experiencia
Un equipo de traballo no ámbito rural formado por enxeñeir@s no eido agrario así coma veterinario, complementado con colaboracións externas por profesionais de outras áreas ( forestal, económico legal…).
Un equipo con coñecementos técnicos e experiencia profesional que permiten guiar con éxito o proceso de asesoramento.
En que me pode axudar Axiña?
O noso traballo ten como obxectivo fundamental a mellora da rendibilidade técnico-económica das explotacións sempre cun estrito cumprimento das condicións agrícolas e ambientais obrigatorias e a normativa en seguridade laboral dos traballadores.
Para quen traballamos?
Os nosos servizos están destinados para agricultores, gandeiros, entidades locais e cooperativas, sociedades e entidades agrarias.
Tanto se aínda estás pensando en iniciar a actividade e precisas axuda para comezar, como se xa a tes en marcha, podemos axudarche a mellorar en calquera dos ámbitos aos que nos dedicamos.
Que facemos?
Ofrecemos servicios de xestión para desenvolver programas zootécnicos e agronómicos nas explotacións como os servizos de aconsellamento en aspectos normativos en diversos eidos.
Aquí abaixo detallamos todos os servizos que ofrecemos desde Axiña Asesoramento Rural.
Xestión de axudas e subvencións
Tramitación de PAC, Axudas de incorporación, plan de mellora e pequenas explotacións. Axudas prevención de fauna salvaxe e axudas para paliar danos polo xabaril. Devolución de impostos de hidrocarburos. Outras axudas.
Asesoramento técnico e xestión de explotacións
Somos entidade de Aconsellamento e xestión rexistrada no REXASEGA EAX-22-078.
Servizos técnicos de enxeñería agrícola e forestal
Xestión de cadernos de explotación (fitosanitarios, de pastoreo e de abonado). Inscricións en agricultura e gandería ecolóxica.
Os nosos traballos
Noticias
AXUDAS ECONÓMICAS PARA PALIAR OS DANOS QUE CAUSA O XABARIL E O LOBO NAS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS
Hoxe foron publicadas no Diario Oficial de Galicia as seguintes axudas: 🐗AXUDAS a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos. 🐺AXUDAS a favor das persoas físicas ou xurídicas...
AXUDA PARA A PREVENCIÓN DE DANOS QUE CAUSAN DETERMINADAS ESPECIES DE FAUNA SILVESTRE
Publicada a axuda a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a...
GRUPO OPERATIVO GUIPROGAL
O 30/08/2024 chegounos a resolución da concesión da axuda solicitada ao abeiro da Resolución do 22 de decembro de 2023 (DOG nº18, do 25 de xaneiro de 2024), para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) GUIPROGAL busca...
Sesións en liña
Se che gustaría recibir asesoramento sen ter que desprazarte, realizamos sesións en liña. Facendo click aquí podes axendar unha sesión con nós. Se tes algunha dúbida antes de reservar o día, ponte en contacto connosco no 670 27 85 07 ou en axinha.coop@gmail.com
Contacto
Horario oficina de 09:00 a 13:00 baixo cita previa.
Coworking a Capela, As Neves, 33 – 15613 A Capela (A Coruña)
670 27 85 07
axinha.coop@gmail.com